22 ene 2016

IV CERTAME RELATO CURTO FANPA

Xa está aberto o prazo de presentación de traballos para o IV Certame de Relato Curto que organiza a FANPA. Unha boa ocasión para que utilicedes as vosas dotes de escritorxs e mandedes un traballo. Podedes ver os premios e bases premendo na imaxe


21 ene 2016

XA ESCOLLEMOS LECTURA!

Para comezar este ano, escollemos o primeiro libro de "O mundo secreto de Basilius Hoffman": "O ladrón de soños". 
Aquí algunhas primeiras impresións:

"Eu non tiña moitas ganas de escollelo porque ese tipo de libros non me gustan,pero hai que probar cousas novas"
"A elección deste libro foi moi divertida, tiñamos 15 libros para escoller,pero cun pequeno detalle,non sabiamos o título nin viamos a portada ! Con respecto ao libro, creo que me gustará moito"
"Para elexir este libro non puidemos nen mirar a capa nen a contracapa, só o puidemos xuzgalo polo interior. Ao final escollemos este e pareceme moi ben"
"Ten unha portada moi bonita, uns debuxos moi traballados e como é de ciencia ficción parece moi interesante"

Este é o primeiro libro da serie "O mundo secreto de Basilius Hoffman", dos que xa hai publicados tres:
Se premes na imaxe terás moita máis información desta, polo de agora, triloxía


18 ene 2016

ENCONTRO CON XESÚS FRAGA, AUTOR DE "REO"

O pasado xoves e como colofón á nosa lectura de "Reo", tivemos ocasión de compartir unha sesión moi agradable co autor da obra, Xesús Fraga. Prestouse a falar con nós a través do skype e unha vez feitos os axustes de conexión e audio, conseguimos un encontro virtual  que salvou a distancia física e nos achegou máis á obra que leramos e á faceta de escritor de Xesús Fraga


Puidemos facerlle preguntas sobre a súa obra, sobre como traballa, sobre os retos aos que se enfronta como escritor...e tamén nos deu algunha primicia! Esperamos que haxa algunha sorpresa con Reo nos próximos tempos...e ata aquí podemos falar :)
Moitas grazas a Xesús Fraga pola súa xenerosidade e a súa simpatía! Ata outra!

14 ene 2016

VALORACIÓN DA ÚLTIMA LECTURA

Aquí van as nosas opinións sobre "La edad de los milagros"

Pareceume un libro distinto aos demais, con moita intriga polo que lle pasará á protagonista e os demais personaxes ao longo da historia.

A min pareceume que e moi bonito, pero ha personaxes que te poden confundir.

A min pareceume un libro diferente os que eu lín xa que  este mantén a intriga ata o final.

Este libro pareceume interesante e con moita intriga.Eu recomendariao por as aventuras e conflitos que suceden na historia.


Pareceume un libro moi bonito. Mantén a intigra durante todo o libro, o que máis me gustou foi o da parte de ciencia.

Pareceume un libro do maís interesante e divertido,e vo lo recomendaria a todos.Xa que o final, non volo conto.

17 dic 2015

REO DE XESÚS FRAGA: AS NOSAS OPINIÓNS


A pesar de que o libro non está de todo mal, o final foi un pouco decepcionante xa que nos esperabamos algo máis. As descripcións están moi ben elaboradas. En xeral gustounos moito xa que trata sobre temas actuais e xuvenís.

Nerea, Noelia e Iria.


Describe moi ben o ambente urbano dun rapaz de dezasete anos, cos seus problemas para elexir qué tipo de futuro quere e os problemas amorosos que lle acontecen. Ten unha grande trama, intrigante grazas á aparición de personaxes como Oni, e divertido por parte dos irmáns Sen e Rai. O final fai que apeteza un segundo libro explicando que pasa coas demais vidas e problemas dos personaxes.

Inés, Elena e Rubén

É un libro moi entretido, a pesar de que o final está incompleto. A pesar de  todo, o libro gustounos moito, sobre todo polas descripcións que ten.

Carlos e Alba.




19 nov 2015

UN CLUB MOI NUMEROSO

Este ano somos tantos que fixemos dous grupos. Aínda que para a foto non estabamos todos, xa somos un bo lote e ainda podemos ser máis!

5 nov 2015

VOCABULARIO GRAFFITEIRO

Nesta primeira sesión xa nos manexamos con termos que son novos. Aquí vai o noso vocabulario graffiteiro:

- Chichote: palabra autóctona de Madrid usada para denominar ao grafiteiro de pouca calidade. :3

- Wild Style: graffiti complexo e moi utilizado con moitos adornos. Non se entende o que pon. ^^
-Crew: Grupo de escritores que traballan en grupo.

- Tags: Unha sinatura que se plasma nas paredes.

-Pratas: Peza pintada unicamente con pintura prateada.

- Peza: Traballo dun escritor que acostuma conter o seu nome.

-Kekos: Bonecos que parecen debuxos ou caracteres.




REO, O REI DOS GRAFFITEIROS

Esta é a nosa primeira lectura neste curso "Reo" de Xesús Fraga: a historia dun rapaz calquera dun barrio calquera.  Aquí tedes o booktrailer, a que apetece saber máis?






Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil 2013 e publicada na colección Costa Oeste da Editorial Galaxia

29 jun 2015

VIDEO RESUMO DO NOSO ANO LECTOR


Aquí tedes o noso vídeo resumo do noso ano lector: moitas lecturas, moitas risas, moitas descubertas moitas sobremesas caseiras e moi bo rollo... vémonos en setembro!