16 abr 2015

LER TEN PREMIO!

Hoxe temos boísimas noticias no Club de Lectura. 
Imos por partes:
Nerea e Iria foron seleccionadas para participar no Concurso de Jóvenes talentos de Relato Corto de Coca-Cola polos estupendos relatos que fixeron, seguro que con premio ou sen él, van facelo moi ben. Noraboa!
Ademáis Inés foi premiada no III Certame de Relato Curto da Fanpa!!!


Moitísimos parabéns por estes recoñecementos e polos moitos que han vir... xa sabedes LER TEN PREMIO!!

VALORACIÓN FINAL "TES ATA AS DEZ"

Unha vez rematada a lectura, esta é a nosa valoración:

Esta historia de amor e misterio gustounos bastante porque está moi ben redactado, cunha boa estructura e un desenlace inesperado co cal non estamos moi dacordo. Recomendámovolo. 
Marta Lorenzo García, Iria Rodríguez Atanes e Nerea Rey Correa.

Gustounos moito, porque nos gustan moito as historias de misterio e amor. Líase con moita facilidade e rapidez, e non podías parar de lelo...
                  Natalia Loureiro Quintas e Lucía Castiñeiras Vázquez.


Gustounos moito, sobre todo a organización do libro aparte de que ao ser mais curtos os capítulos había mais cousas novas
                   Carlos Castaño Sumay


Gustounos este libro, xa que ten unha estrutura de capítulos cortos que nos enganchou na trama. Pareceunos interesante os elementos entre pai e fillo (chocolatinas,...), a trama é interesante e bastante misteriosa porque xoga coa intriga do lector.  
                  Noelia Burés García e Alba Rodríguez Ocampo

Gustounos moito porque é de misterio e estuvo moi entretido, engancha e non es capaz de deixar de lelo. Aínda que era moi longo, acabase moi rápido.
                   Cristina Chenlo Pérez e Xiana Martelo Castaño

Encantounos moito pola súa parte de misterio e ao mismo tempo de amor. Sempre se lia con intriga e as horas pasábanse enseguida , a verdade e que nos gustou por todo o seu desenvolvemento, ainda que non nos esperabamos ese final foi alucinante.
                    Gabriela Taibo García  e Selene Conde García

Gustounos moito este libro porque combinaba á perfección o misterio cun amor doce e serio, e porque é entretido e a intriga atrápate desde as primeiras páxinas. O único que non nos cadraba era o final, porque é moi repentino en relación ó resto do libro.
Elena Figueiro Díaz, Nerea Loureiro Rey e Rubén Villanustre Loureiro


VÍDEO DO AUTOR DE "TES ATA AS DEZ"