30 may 2013

VIDEO-PRESENTACIÓN SOBRE "O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE"

Alguhas das e dos compoñentes do club de lectura estrearonse como creador@s de video!
E fixeron este estupendo vídeo de presentación do libro que lemos "O curioso incidente do can a medianoite". Moitos parabéns a Inés por este traballo feito por ela coa colaboración de Rubén, Elena, Silvana, Brais e Nerea.
A que dan ganas de ler o libro?

OUTROS FINAIS PARA UN LIBRO...

Nesta derradeira sesión sobre 
"O curioso incidente do can a medianoite"  de Mark Haddon, fixemos finais alternativos... cal vos gusta máis?

22 may 2013

ENDEREZO DESCOÑECIDO


 
Este libro de Kressmann Taylor reflicte a situación que se viviu durante o período anterior á Segunda Guerra Mundial.
A obra está escrita en forma de cartas entre os dous personaxes protagonistas: Max e Martin, dous socios que verán como a súa relación se ve afectada pola situación política e a ideoloxía da Alemania nazi.
Invita a reflexionar sobre a situación actual.
Recomendariamola sen dúbida!

16 may 2013

ENCONTRO VIRTUAL CON FERNANDO M. CIMADEVILA

O pasado mes de abril, o Club de Lectura mantivo un encontro virtual con Fernando M. Cimadevila, autor da saga "O mundo secreto de Basilius Hoffman" do que limos o primeiro libro "O ladrón de soños".
Foi unha experiencia estupenda na que tivemos a oportunidade de preguntarlle moitas cousas sobre o libro e sobre o seu traballo como escritor e ademais tivemos a primicia de coñecer a un dos protagonistas. Jim-Jim! Ademais deste video tamén podedes ler a entrevista no blog de Silvana:  
Moitas grazas a Fernando pola súa xenerosidade e se aínda non o fixestes, non deixedes de ler as aventuras do Profesor Basilius Hoffman!