21 jun. 2018

REMATE DO CURSO

 E como remate do curso, xuntámonos para compartir comida e ricas sobremesas!

Qué ben o pasamos!




 

Tivemos unha sorpresa para ler durante o verán... unha lectura nova para cadaquén!


FELIZ VERÁN E BOAS LECTURAS!

O MES DA BANDA DESEÑADA

Este mes dedicámonos a ler banda deseñada: todos os estilos, autores moi distintos, historias diferentes.... e xuntámonos para falar dos nosos preferidos...

11 may. 2018

"TAM", O PRIMEIRO MANGA GALEGO

Este mes vai ir dedicado á banda deseñada e comezamos cun libro feito por unha artista pontevedresa: Anémona de Río.

Ela foi alumna do "Garaxe hermético", escola de banda deseñada pontevedresa da que están saíndo grandes artistas.

"TAM" é a súa primeira obra e tamén o primeiro manga en galego e gustounos moito no Club de lectura, así que recoméndávosmos que non o perdades!!



19 abr. 2018

VISITA AO SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

Visitamos o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e tivemos unha xornada de intercambio e obradoiros con outros Clubs de Lectura. Ademais coñecemos a algunhas das nosas autoras e autores favoritos. Ledicia Costas, Tamara Andrés, Fran Alonso, María Reimóndez... unha xornada moi bonita!!

5 abr. 2018

Jules verne e a vida secreta das mulleres planta

A nova escolla de lectura ten de todo: aventuras, ciencia, misterio, amor, fantasía... 
Unha deliciosa historia da man de Ledicia Costas, que máis podemos pedir?
E se queredes saber algo máis de flores, plantas e árbores podedes premer aquí e aquí, cal sería a vosa nepheas?

Podes coñecer máis plantas nesta guía

8 feb. 2018

A VOLTAS CUN ASASINATO



Pois o misterio xa está desvelado!!

É unha obra da "Raíña do crime": 
a gran Agatha Christie.

A nosa escolla é un dos seus clásicos: 
"O asasinato de Roger Ackroyd"
Se queredes saber algo máis dela 
e da súa obra podedes premer aquí.



Quen será o/a asasino/a?





COMEZAMOS O ANO CUNHA DE MISTERIO...

Comezamos este ano escollendo lectura e desta volta non tiñamos os datos nos que sempre nos fixamos: o título, a capa, a autora ou autor, un pequeno resumo.... só tiñamos o texto e así podemos dicir que escollemos a cegas pero sabendo o que queriamos ler sen que as cores brilantes ou os nomes de sona nos cegasen na escolla:´

É moi interesante pensar nos elementos que nos fan escoller as lecturas e desta volta aínda tive,os que agardar para saber cal será o libro escollido... MISTERIO!

11 ene. 2018

"Nemo, o rapaz sen nome"

NEMO, O RAPAZ SEN NOME

de Davide Morosinotto

Este libro ten como protagonista a Nemo, o famoso protagonista dos libros de Xulio Verne que se convirtiría en capitán. Neste libro de aventuras fabúlase sobre a súa xuventude, as suas misteriosas orixes e as alianzas que fai para fuxir dos seus enemigos.  
Doado de ler,  pero as opinións esta vez estiveron divididas, a algunhas lectoras e a outros lectores pareceulles moi entretido! 

UN LIBRO CONTRA O BULLYING

LA LECCIÓN DE AUGUST

R.J. Palacios

"Non basta con ser amigable, tes que ser un amigo"

 Este libro trata dun neno que ten unha  deformidade na cara, o que o fai diferente. É o primeiro ano que vai ao o colexio e ten medo de todo o que lle poida pasar. Este mundo é novo para el e vaino descubrindo a medida que pasa a historia. Ten moitos problemas, pero coa axuda de Summer todo se vai solucionando.

 O libro vaise contando desde varias pesperctivas o que fai que sexa moi entretido. Recomendámosllo á xente a quen lle gusten os libros realistas e optimistas.