19 oct 2017

COMEZAMOS CO CLUB!

Xa comezamos cos reunións do Club de Lectura e aquí está a proba: somos un montón! Así que escollemos dúas lecturas distintas.. pero a merenda farémola todos xuntos! 

3 oct 2017

POÑÉMONOS EN MARCHA!

Un ano máis comezamos as nosas actividades lectoras e este ano comezamos forte! Fixemos a presentación do club ao alumnado de 1º da ESO e imos ter que ampliar os grupos! Se queres participar e aínda non te anotaches, bule!



Se queres saber en que consiste un Club de Lectura ou como funciona, elaboramos este tríptico para ti. 



Se despois de lelo tes algunha dúbida... pregúntanos!

7 jul 2017

VIDEO RESUMO 2017

Aquí temos o video resumo deste curso que pasou. 
Que ben o pasamos!!!
Rematamos o curso dicindo: 
LER MOLA!!!

3 jul 2017

FOTOS XORNADAS


Aquí tedes un resumo fotográfico da nosa participación nas Xornadas dos Clubs de lectura.
Podedes acceder a outras galerías de imaxes premendo aquí

xornadasclublectura

XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA: QUE FANTÁSTICA EXPERIENCIA!


Este final de curso foi moi especial para os Clubs de Lectura, especialmente para o noso. 
Tivemos a oportunidade de pasar un día xuntos en Santiago nunha fantástica xornada onde participamos máis de 1.200 persoas e onde poidemos intercambiar libros, ir a obradoiros de poesía, teatro, radio, manga, grafitti, ou aprender a contar unha historia de medo ou coñecer as autoras e autores máis importantes que lemos nos nosos clubes. 
Coñecimos a un montón de rapaces e rapazas doutros clubs de toda Galicia cos que puidemos falar dos nosos gustos e mesmo facerlles recomendacións das nosas lecturas! 



Pero o máis especial para nós foi participar no obradoiro "Como facer un programa de libros en tv dixital" con Óscar López, director e presentador do programa de televisión "Página 2" de TVE. Fomos seleccionados canda outros catro centros de Galicia para traballar neste obradoiro así que semanas antes estivemos ordeando ideas no noso club e María foi quen nos representou diante das 1200 persoas que ateigaban o auditorio: o club de lectura do CPI Progreso de Catoira estivo magnificamente representado!.
Podedes ver esta reportaxe da TVG sobre esta xornada onde tamén participa María, a nosa representante
Moitas grazas por organizar esta fantástica xornada, para nós foi inesquecible!

RAPEANDO...

Temos unha sorpresa! 

Cando rematamos de ler este libro, decidimos poñer a proba as nosas habilidades musicais e os vosos ouvidos!
E fixemos unha versión do rap que introduce o texto e que conta un pouco a historia que lemos, que como sabedes é unha versión do "Soño dunha noite de verán" de W. Shakespeare


Así que se queredes gozar dunha experiencia fantabulosa, só tedes que premer na capa do libro e escoitaredes o rap que faría que Shakespeare resucitara!



Agardamos os vosos comentarios 😍

16 may 2017

"LOS SURCOS DEL AZAR"



E para rematar as lecturas deste curso, decidimos ler banda deseñada de altísima calidade.


"Los surcos del azar"
de Paco Roca

Magníficas ilustracións e guión que nos traen do pasado a inxustamente esquecida historia dos da "9". Coñecédela? Se non vos soa, este cómic é unha ocasión estupenda para coñecer a historia desta compañía que coa bandeira republicana axudou a liberar Paris das tropas nazis. 
Podes tamén ver este documental sobre "la Nueve" e se premes na imaxe da capa do libro, podes ver algunhas imaxes do libro e coñecer máis o traballo de Paco Roca
E o título do libro? Sabes a que escritor fai referencia?

9 may 2017

"RUÍDO NUNHA NOITE DE VERÁN": TEATRO PARA REMATAR O CURSO

Xa temos escollida a última lectura do curso!
E desta volta a escolla ten unha novidade: é teatro!!

O título é "Ruído nunha noite de verán" e é unha adaptación feita por MarÍ Inés Falconi do clásico de Shakespeare ""Soño dunha noite de verán".

Polo que lemos ata o de agora, é moi divertida e imos ter ocasión de poñernos na pel dos personaxes... seguro que hai algunha sorpresa!

25 abr 2017

"LA LADRONA DE LIBROS": A NOSA CRÓNICA

O seu autor (Markus Zusak) é australiano. Coñécese polas suas novelas de literatura "La ladrona de libros" e "Cartas cruzadas".
Desde neno xa escoitaba historias sobre os nazis e o bombardeo de Múnich,o cal o inspirou a escribir o libro "La ladrona de libros".

Esta crónica está feita por Gabriela e Rita.

 "Pareceume un libro moi emocionante e moi realista, un pouco longo pero líase facilmente porque era unha historia que por partes enganchaba e por íso se facía máis curto e levadeiro a hora de ter tantas páxinas e facerse pesado."

"Penso que é unha historia moi emotiva. En xeral esta época é moi emotiva dado a situación e a morte de moita xente. O libro axuda a entender como era esta época en especial a parte dos xudeos ou sexa os perseguidos, ainda que para o meu gusto é un libro ao que che custa engancharte. Para min é difícil de ler, porque ao non enganchar e ao ser un libro bastante amplio custache lelo se non es unha persoa moi aficionada a lectura ou tes unha lectura lenta."


18 abr 2017

A NOSA VALORACIÓN DE "A POMBA E O DEGOLADO"

AQUÍ ESCRIBIMOS AS NOSAS OPINIÓNS UTILIZANDO ALCUMES OU "NICKS" COMO NA OBRA:
GatoAstral: Un libro moi bonito que che ensina a apreciar as cousas que temos.
Papagaio : é un libro moi emotivo que te fai reflexionar moito sobre que tes que por exemplo axudar mais aos seús avós...
Mirlo: pareceume un libro moi bonito que che fai reflexionar sobre as cousas que poidan pasar na vida.
Leo17: pareceume un libro algo lioso polos seus saltos temporais,pero en realidade impresiona moito mais do que parece.
Ares_Sares: o libro doume moitas leccións sobre a vida, tamén me ensinou que sempre hai que pensar antes de decilas cousas, é un libro moi emotivo e gustoume moito, recomendoo moito.
ITALIA: É un libro que che vai facer pensar en moitos temas diferentes ,e moi bonito e triste a vez 
AGUILA  AZUL :un libro moi bonito que ensina as cousas que pasan na vida
REJUTO: Paréceme un libro moi bonito e fácil de ler. Fala de moitos temas pero todo en conxunto . recoméndoo a todo o mundo , porque é sinxelo, triste e divertido todo a vez .

21 mar 2017

A POMBA E O DEGOLADO

Esta foi a nosa escolla de lectura despois de ter que escoller entre varios libros que queriamos ler:
"A pomba e o degolado"
de Fina Casalderrey 

Comezamos cos seis primeiros capítulos e xa nos decatamos da presenza de moitos tipos de paxaros, así que imos procurar identificalos.
Se premes aquí tes podes coñecer moitos deles e aprender a identificalos, ata polo seu canto!
Aquí tes unha listaxe completa e podes probar a facer esta actividade a ver canto sabes de paxaros!

7 mar 2017

VALORACIÓN DA LECTURA

A nosa opinión sobre este libro é moi diferente ao que pensábamos ao escollelo, ao escollelo pensamos que era un libro moi aburrido. Pero ao empezar a lelo démonos conta de que era en realidade todo o contrario. Parecéunos moi intrigante e dramático. Ao final, atraeunos moito máis do que pensabamos.

Nunca debemos xulgar un libro pola súa portada!

31 ene 2017

LA FUENTE DE LAS VESTALES

  O noso novo libro titúlase:
"La fuente de las vestales" da colección Titus Flaminius
Trata dun avogado, Titvus, ao que lle asasinan a nai. El investiga quen a matou e aliase con Floro. Ao mesmo tempo, investiga o roubo dunha perla. Entre todo, unhas mulleres chamadas vestales, métense no medio de toda a nosa trama. Como seguimos coa lectura, non sabemos o final. Se queredes descubrilo, invitámosvos a que o leades.

10 ene 2017

XA NON ESTOU AQUÍ

Aproveitando as vacacións de nadal, decidimos ler completa a nosa primeira escolla neste segundo trimestre:


"XA NON ESTOU AQUÍ" 
de 
Iria Misa

Polo que pareceu acertamos na escolla, porque en xeral resultou unha lectura moi doada e agradable tanto polo seu enfoque como pola súa construción, dando voz ás personaxes dun xeito moi caleidoscópico, con personaxes ben deseñadas e cun ritmo que nos enganchou desde o principio.

Unha escolla moi recomendable!