18 jun 2012

CRÓNICA DAS V XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA

O sábado 9 compartimos unha fantástica Xornada os Clubs de Lectura dos centros de ensino de Galicia. 
Nesta ocasión foi moi especial porque por primeira vez participou o alumnado que compón os Clubs e os adultos (nais e pais) que forman os seus Clubs de Lectura nos centros. 
E as expectativas non nos defraudaron: conferencias para todos pero tamén obradoiros para o alumnado, intercambio de libros, as persoas-libro regalando poemas, sesións de intercambio de experiencias... e unha magnífica clausura a cargo de Carlos Negro.
Ademais da nosa pequena crónica podedes ver aquí máis fotos e un artigo de Carlos Negro onde relata a súa visión destas Xornadas: "O país dos papalibros: sobre os V Encontros dos Clubs de Lectura"
E rematamos con este video que serviu de presentación nas Xornadas, onde diversos compoñentes dos Clubs de Lectura contan que é o que significa para el@s estar nun Club de Lectura.
Grazas a participantes e organización! 
O ano que vén, máis :)

3 jun 2012

V XORNADAS CLUBS DE LECTURA



Como en anos anteriores, os Clubs de Lectura dos centros de ensino de Galicia temos a oportunidade de vernos as caras nunha Xornada organizada pola D.X. de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares. 

Nesta ocasión a organización agasallounos cunha gran novidade: a posibilidade de participación do alumnado integrante do Club de Lectura e tamén dos adultos que participaran nalgún dos clubs en funcionamento.

E non desaproveitamos esta oportunidade! Ademais da coordinadora asistirán cinco alumnas do noso centro e o Sábado 9 en Santiago de Compostela poderán compartir experiencias con alumnado de toda Galicia e partcipar nas sesións especificas para el@s ademais dos obradoiros e as actividades comúns.

Unha actividade fantástica á  que seguro que lle tiramos moito proveito!


Preme na imaxe e terás a información completa