10 nov 2010

AS NOSAS LECTURAS





Como estamos no mes do medo, no club de lectura escollemos estes libros. Preme neles se queres mais información!!

25 jun 2010

FELICES VACACIÓNS!

Foi un placer ler con vós!
MOITOS BICOS E ATA PRONTO

REMATAMOS

Rematamos o libro Peaxes de Santiago Lopo

ENCANTOUNOS!
Chegamos a pensar que o autor era realmente un traballador dunha peaxe de autoestrada. Gustounos de principio a fin. Un libro moi recomendable!!!!!

A NOSA EXCURSIÓN

SAÍDA DIDÁCTICA AO VERBUM from Turo on Vimeo.

QUE BEN O PASAMOS!!!!!!

14 jun 2010

MAÑAN VAMOS DE EXCURSIÓN

Mañan vamos de excursión e pasaremos pola peaxe.Haberá unha persoa que analice os conductores como o do libro?
Este libro é diferente de todos os que limos ata agora.Ademais de ser orixinal é moi divertido e gustanos moito.

7 jun 2010

PEAXES :D

Comezamos cun novo libro, en novo mes.
Case todos pensamos nalgún momento, que é o que están a cavilar a xente que traballa nas PEAXES da autoestrada. Namoraranse dalgún cliente? Sospeitarán dalgún outro? Gústalle a música que escoitan? ...

UN SAUDIÑO , E ATA PRONTO , VOLVEREMOS CON NOVAS E INQUIETANTES NOTICIAS.
ATA O LUNS!

5 jun 2010

IMOS DE EXCURSIÓN

O próximo día 15 de xuño imos de excursión ao VERBUM de Vigo. Virán con nós os axudantes da biblioteca.

31 may 2010

REMATAMOS!

A min (Jeny), a Roi e a Angela non nos gustou como rematou!
Queremos outro libro que non nos dececione ao final

24 may 2010

O MISTERIO CONTINÚA

O misterio continúa para nós, que tramarán Bille e Jasper ? Sexa o que sexa, gañarán os pais a Ewald ? BKS

11 may 2010

EsTamooosS Coa MosCa deTras da OreLLaaa!!

Que demo lle pasa a Jasper? A que se debe o seu comportamento? Sinceramente, non o entendemos! Agardamos que nas vindeiras páxinas, saiamos destas dúbidas...

3 may 2010

PRIMEIRA IMPRESIÓN DO LIBRO

Á maioría de nós pareceunos que ten moi boa pinta. Queremos ver como o protagonista se apaña co inglés. Promete ser unha aventura interesante.

19 abr 2010

INTERCAMBIO CON UN INGLÉS

Ainda non o empezamos a leer o libro, pero esperamos que nos guste e nos sorprenda porque o libro promete.

6 abr 2010

DECEPCIÓN FINAL

Os dous ultimos relatos que lemos nestas vacacións non nos gustaron nada. Tivemos unha decepción e iso que o primeiro relato prometía...

22 mar 2010

Malos tempos para pantasmas

Este relato con só verlle o título prometía... pero o desenlace foi demasiado precipitado e quedaste con mal sabor de boca.
ATA A VOLTA DE VACACIÓNS...

15 mar 2010

Amor dos quince anos, Marilyn.

Este relato gustounos moito porque ten unha mestura de cine, amor, infancia e paixón moi orixinais que te engancha dende a primeira á última páxina.
Un saúdo aos/ ás lectores/as.

8 mar 2010

UN PROBLEMA DE ÓSOS!!!!

Este relato gustounos moito, sorprendeunos. Non esperábamos que o Conde Drácula tivera un problema de saúde. Non esperábamos que o médico dixerise tanta información en tan pouco tempo e a tomase tan ben. :D

1 mar 2010

NOVO LIBRO, NOVA AVENTURA !

Estamos emocionad@s ao poder iniciar un novo libro. Ten boa pinta, agardamos que nos sorprenda e nos regale bos momentos. O libro divídese en 4 relatos e estes relatos estan divididos, cada un, en capítulos. Para o próximo luns temos que ler o primeiro relato que se titula Un Problema de ósos
De que irá ?????
Un saúdo a TODAS e a TODOS!

19 feb 2010

TODOS XUNTOS O LUNS

Este luns xuntámonos tod@s despois de comer na aula de idiomas. Faremos unha valoración dos libros xa lidos e faremos propostas para a próxima lectura.
BICOS! :-)

4 feb 2010

GRAZAS MARINA

Ola!
Grazas Marina por ser a primeira que publicas no blog do club, a ver se o resto se anima...
;-)

Ola ! : )

Ola , que tal ? O club de lectura está moi ben, e o libro é XENIAL ! Os libros de Aghata Cristie son xeniais, gústame moito o misterio!
Un saúdo.
Marina

19 ene 2010

OLA!

Tedes problemas para publicar? Aquí vai unha pequena explicación:

  • Aceptade a invitación que enviei aos vosos correos.
  • Abride o blog http://aquilemosxuntos.blogspot.com/
  • Pinchade en "Acceder" (arriba á dereita).
  • Introducide os datos da vosa conta de correo.
  • Pinchade en "Nueva entrada".
  • Poñede un título e escribide o que queirades publicar.
  • Pinchade en "Publicar entrada" e LISTO!!!

Marga

18 ene 2010

1ª REUNIÓN

Ola!
Esta reunión fíxoseme moi curta, gustariame ter falado máis profundamente dalgún dos temas que trata o libro "O diario da outra maniática".
Mensaxe para as novas autoras deste blog Jenny, Irene e Angela:
Publicade unha nova entrada coa vosa opinión sobre o libro.
Marga