17 dic 2015
REO DE XESÚS FRAGA: AS NOSAS OPINIÓNS
A pesar de que o libro non está de todo mal, o final foi un pouco decepcionante xa que nos esperabamos algo máis. As descripcións están moi ben elaboradas. En xeral gustounos moito xa que trata sobre temas actuais e xuvenís.
Nerea, Noelia e Iria.
Describe moi ben o ambente urbano dun rapaz de dezasete anos, cos seus problemas para elexir qué tipo de futuro quere e os problemas amorosos que lle acontecen. Ten unha grande trama, intrigante grazas á aparición de personaxes como Oni, e divertido por parte dos irmáns Sen e Rai. O final fai que apeteza un segundo libro explicando que pasa coas demais vidas e problemas dos personaxes.
Inés, Elena e Rubén
É un libro moi entretido, a pesar de que o final está incompleto. A pesar de todo, o libro gustounos moito, sobre todo polas descripcións que ten.
Carlos e Alba.
19 nov 2015
UN CLUB MOI NUMEROSO
Este ano somos tantos que fixemos dous grupos. Aínda que para a foto non estabamos todos, xa somos un bo lote e ainda podemos ser máis!
5 nov 2015
VOCABULARIO GRAFFITEIRO
Nesta primeira sesión xa nos manexamos con termos que son novos. Aquí vai o noso vocabulario graffiteiro:
- Chichote: palabra autóctona de Madrid usada para denominar ao grafiteiro de pouca calidade. :3
- Wild Style: graffiti complexo e moi utilizado con moitos adornos. Non se entende o que pon. ^^
-Crew: Grupo de escritores que traballan en grupo.
- Tags: Unha sinatura que se plasma nas paredes.
-Pratas: Peza pintada unicamente con pintura prateada.
- Peza: Traballo dun escritor que acostuma conter o seu nome.
-Kekos: Bonecos que parecen debuxos ou caracteres.

REO, O REI DOS GRAFFITEIROS

Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil 2013 e publicada na colección Costa Oeste da Editorial Galaxia
14 oct 2015
29 jun 2015
VIDEO RESUMO DO NOSO ANO LECTOR
Aquí tedes o noso vídeo resumo do noso ano lector: moitas lecturas, moitas risas, moitas descubertas moitas sobremesas caseiras e moi bo rollo... vémonos en setembro!
ENCONTRO CO CLUB DE LECTURA DO IES DE POIO
Para rematar as actividades deste curso tivemos un colofón xenial!: o encontro entre o noso club e o do IES de Poio!
Durante o curso xa tiveramos contacto virtual e compartimos lecturas e agora quixemos coñecernos e intercambiar impresións ao vivo.
As nosas colegas do IES de Poio organizaron un magnífico programa e leváronos a coñecer o Mosteiro de Poio, os arredores e Combarro.
Despois de xantar tivemos ocasión de intercambiar agasallos e falar das lecturas que fixemos durante o curso e as que nos gustaría facer.

Un fantástico irmandamento de libros,lecturas e lector@s que terá a súa continuación a comezos do próximo curso cando recibamos en Catoira aos nos@s colegas do IES de Poio.
Durante o curso xa tiveramos contacto virtual e compartimos lecturas e agora quixemos coñecernos e intercambiar impresións ao vivo.
As nosas colegas do IES de Poio organizaron un magnífico programa e leváronos a coñecer o Mosteiro de Poio, os arredores e Combarro.
Despois de xantar tivemos ocasión de intercambiar agasallos e falar das lecturas que fixemos durante o curso e as que nos gustaría facer.
Que ben o pasamos!!
No seu blog "Os trasnos dos libros" tamén podedes ver que foi unha xornada ben linda para tod@sUn fantástico irmandamento de libros,lecturas e lector@s que terá a súa continuación a comezos do próximo curso cando recibamos en Catoira aos nos@s colegas do IES de Poio.
Moitas grazas a tod@s!!
28 may 2015
NOVA LECTURA: "CROQUETAS Y WASAPS"
Foi unha lectura moi suxestiva para rematar o curso e seleccionamos aquelas frases que máis nos chegaron....
ESCOLLA DA NOVA LECTURA
Para escoller esta última lectura por este curso, volvimos a probar a nosa capacidade de observación e o noso criterio para elexir as lecturas.
Como xa fixeramos algunha outra vez, desta volta decidimos non fixarnos nas capas, nin nos títulos nin nos autores. Non queriamos ningunha distracción: fotos chulas, ilustracións fantásticas, autor@s recoñecid@s, resumos da contracapa que convidan a ler o texto... Nada diso. Libros forrados con papel de xornal e numerados.
Unha vez rematada esta primeira parte, escribimos nun papel as dúas lecturas que preferimos. Non fixo falta unha segunda volta, pois unha resultou destacada. Cando o sacamos do seu envoltorio soubemos o título:
"Croquetas y wasaps" de Begoña Oro
16 abr 2015
LER TEN PREMIO!
Hoxe temos boísimas noticias no Club de Lectura.
Imos por partes:
Nerea e Iria foron seleccionadas para participar no Concurso de Jóvenes talentos de Relato Corto de Coca-Cola polos estupendos relatos que fixeron, seguro que con premio ou sen él, van facelo moi ben. Noraboa!
Ademáis Inés foi premiada no III Certame de Relato Curto da Fanpa!!!
Moitísimos parabéns por estes recoñecementos e polos moitos que han vir... xa sabedes LER TEN PREMIO!!

VALORACIÓN FINAL "TES ATA AS DEZ"
Unha vez rematada a lectura, esta é a nosa valoración:
Esta historia de amor e misterio gustounos bastante porque está moi ben redactado, cunha boa estructura e un desenlace inesperado co cal non estamos moi dacordo. Recomendámovolo.
Marta Lorenzo García, Iria Rodríguez Atanes e Nerea Rey Correa.
Gustounos moito, porque nos gustan moito as historias de misterio e amor. Líase con moita facilidade e rapidez, e non podías parar de lelo...
Natalia Loureiro Quintas e Lucía Castiñeiras Vázquez.
Gustounos moito, sobre todo a organización do libro aparte de que ao ser mais curtos os capítulos había mais cousas novas
Carlos Castaño Sumay
Gustounos este libro, xa que ten unha estrutura de capítulos cortos que nos enganchou na trama. Pareceunos interesante os elementos entre pai e fillo (chocolatinas,...), a trama é interesante e bastante misteriosa porque xoga coa intriga do lector.
Noelia Burés García e Alba Rodríguez Ocampo
Gustounos moito porque é de misterio e estuvo moi entretido, engancha e non es capaz de deixar de lelo. Aínda que era moi longo, acabase moi rápido.
Cristina Chenlo Pérez e Xiana Martelo Castaño
Encantounos moito pola súa parte de misterio e ao mismo tempo de amor. Sempre se lia con intriga e as horas pasábanse enseguida , a verdade e que nos gustou por todo o seu desenvolvemento, ainda que non nos esperabamos ese final foi alucinante.
Gabriela Taibo García e Selene Conde García
Gustounos moito este libro porque combinaba á perfección o misterio cun amor doce e serio, e porque é entretido e a intriga atrápate desde as primeiras páxinas. O único que non nos cadraba era o final, porque é moi repentino en relación ó resto do libro.

Elena Figueiro Díaz, Nerea Loureiro Rey e Rubén Villanustre Loureiro
25 mar 2015
NOVA LECTURA: "TES ATA AS DEZ"
Xa entramos de cheo na nosa nova lectura: "Tes ata as dez" de Francisco Castro!
Coma noutras ocasións, dedicamos unha sesión para escoller a nosa nova lectura: analisamos as capas, lemos as recensións da contracapa, lemos mesmo algunha crítica... e finalmente a maioría dediciu que esta fora a seguinte lectura no club.
Libros misteriosos, correos electrónicos dun pai morto, unha historia de amor... moitos ingredientes atractivos que iremos debullando nas próximas sesións.
Se queres máis información do libro pincha aquí
12 mar 2015
PRESENTAMOS O NOSO ELENCO DE "A RATEIRA"
Os nos@s amig@s do Club de Lectura "Os trasnos dos libros" do IES de Poio escolleron a lectura de "A rateira" de Agatha Christie e aproveitaron para xogar ás adiviñas (sobremesa mediante) como fixeramos nós. Moito nos gustou esta actividade compartida na distancia e como el@s se deron a coñecer, nós tamén nos presentamos. Xa sabedes a quen lle tocou traernos a merenda ao Club de Lectura?
22 ene 2015
RETOS DE LECTURA

Propoñémosvos sumarnos aos "Retos de lectura" para 2015. Cántos cumpliredes? Cales vos parecen máis difíciles? Cales cumpristes xa?
1. Un xénero que non leas con frecuencia (ou mellor aínda,
que non tiñas lido nunca)
2. Un libro publicado por unha pequena editorial independente.
3. Un clásico deses que se supón todo mundo debería ter lido
2. Un libro publicado por unha pequena editorial independente.
3. Un clásico deses que se supón todo mundo debería ter lido
4. Un libro aínda por ler dun dos teus escritores/as favoritos/as
5. Un libro escrito por unha muller antes de 1900
6. Un libro escrito nunha lingua con menos dun millón de
falantes
7. Un libro que teña lugar en África
8. Un libro que teña lugar en Asia
9. Un libro que teña lugar na túa cidade (ou perto)
10. Un libro publicado neste ano (2015)
11.Un libro escrito por alguén cando aínda non tiña 25 anos
12. Un libro da literatura española ou galega do século XXI
13. Un libro que gañara un gran premio nos últimos 10 anos
14. Un libro con protagonistas non humanos
15. Un libro dun autor que nacese o mesmo día ca ti
16. Un libro baseado nunha historia real
17. Un libro de máis de 500 páxinas
18. O primeiro libro dun autor/a famoso/a
19. Un libro ao chou, elixido só pola portada e antes de ler
o resumo (e non vale se coñeces xa ao
autor/a)
20. Un libro da literatura infantil ou xuvenil
21. Un libro dun autor/a novel autoeditado
22. Un clásico esquecido
23. Un libro sobre libros
LECTURA DRAMATIZADA DE "A RATEIRA"
Rematamos de ler "A rateira" e atrevémonos a dramatizar algunha escea!.
Esta peza teatral leva representándose en londres desde o ano 1952 e xa vai por máis de 25.000 representacións!
Moi intrigante e, coma sempre nas obras de Agatha Christie cun final inesperado... e o noso asasino/a tivo que traernos a merenda!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)