Durante o curso xa tiveramos contacto virtual e compartimos lecturas e agora quixemos coñecernos e intercambiar impresións ao vivo.
As nosas colegas do IES de Poio organizaron un magnífico programa e leváronos a coñecer o Mosteiro de Poio, os arredores e Combarro.
Despois de xantar tivemos ocasión de intercambiar agasallos e falar das lecturas que fixemos durante o curso e as que nos gustaría facer.
Que ben o pasamos!!
No seu blog "Os trasnos dos libros" tamén podedes ver que foi unha xornada ben linda para tod@sUn fantástico irmandamento de libros,lecturas e lector@s que terá a súa continuación a comezos do próximo curso cando recibamos en Catoira aos nos@s colegas do IES de Poio.
Moitas grazas a tod@s!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario