Para escoller esta última lectura por este curso, volvimos a probar a nosa capacidade de observación e o noso criterio para elexir as lecturas.
Como xa fixeramos algunha outra vez, desta volta decidimos non fixarnos nas capas, nin nos títulos nin nos autores. Non queriamos ningunha distracción: fotos chulas, ilustracións fantásticas, autor@s recoñecid@s, resumos da contracapa que convidan a ler o texto... Nada diso. Libros forrados con papel de xornal e numerados.
Unha vez rematada esta primeira parte, escribimos nun papel as dúas lecturas que preferimos. Non fixo falta unha segunda volta, pois unha resultou destacada. Cando o sacamos do seu envoltorio soubemos o título:
"Croquetas y wasaps" de Begoña Oro
No hay comentarios:
Publicar un comentario