O seu autor (Markus Zusak) é australiano. Coñécese polas suas novelas de literatura "La ladrona de libros" e "Cartas cruzadas".
Desde neno xa escoitaba historias sobre os nazis e o bombardeo de Múnich,o cal o inspirou a escribir o libro "La ladrona de libros".
Esta crónica está feita por Gabriela e Rita.
"Pareceume un libro moi emocionante e moi realista, un pouco longo pero líase facilmente porque era unha historia que por partes enganchaba e por íso se facía máis curto e levadeiro a hora de ter tantas páxinas e facerse pesado."
"Penso que é unha historia moi emotiva. En xeral esta época é moi emotiva dado a situación e a morte de moita xente. O libro axuda a entender como era esta época en especial a parte dos xudeos ou sexa os perseguidos, ainda que para o meu gusto é un libro ao que che custa engancharte. Para min é difícil de ler, porque ao non enganchar e ao ser un libro bastante amplio custache lelo se non es unha persoa moi aficionada a lectura ou tes unha lectura lenta."
18 abr 2017
A NOSA VALORACIÓN DE "A POMBA E O DEGOLADO"
AQUÍ ESCRIBIMOS AS NOSAS OPINIÓNS UTILIZANDO ALCUMES OU "NICKS" COMO NA OBRA:
GatoAstral: Un libro moi bonito que che ensina a apreciar as cousas que temos.
Papagaio : é un libro moi emotivo que te fai reflexionar moito sobre que tes que por exemplo axudar mais aos seús avós...
Mirlo: pareceume un libro moi bonito que che fai reflexionar sobre as cousas que poidan pasar na vida.
Leo17: pareceume un libro algo lioso polos seus saltos temporais,pero en realidade impresiona moito mais do que parece.
Ares_Sares: o libro doume moitas leccións sobre a vida, tamén me ensinou que sempre hai que pensar antes de decilas cousas, é un libro moi emotivo e gustoume moito, recomendoo moito.
ITALIA: É un libro que che vai facer pensar en moitos temas diferentes ,e moi bonito e triste a vez
AGUILA AZUL :un libro moi bonito que ensina as cousas que pasan na vida
REJUTO: Paréceme un libro moi bonito e fácil de ler. Fala de moitos temas pero todo en conxunto . recoméndoo a todo o mundo , porque é sinxelo, triste e divertido todo a vez .

21 mar 2017
A POMBA E O DEGOLADO
Esta foi a nosa escolla de lectura despois de ter que escoller entre varios libros que queriamos ler:
Comezamos cos seis primeiros capítulos e xa nos decatamos da presenza de moitos tipos de paxaros, así que imos procurar identificalos.
Se premes aquí tes podes coñecer moitos deles e aprender a identificalos, ata polo seu canto!
Aquí tes unha listaxe completa e podes probar a facer esta actividade a ver canto sabes de paxaros!
"A pomba e o degolado"
de Fina Casalderrey
Se premes aquí tes podes coñecer moitos deles e aprender a identificalos, ata polo seu canto!
Aquí tes unha listaxe completa e podes probar a facer esta actividade a ver canto sabes de paxaros!
7 mar 2017
VALORACIÓN DA LECTURA
A nosa opinión sobre este libro é moi diferente ao que pensábamos ao escollelo, ao escollelo pensamos que era un libro moi aburrido. Pero ao empezar a lelo démonos conta de que era en realidade todo o contrario. Parecéunos moi intrigante e dramático. Ao final, atraeunos moito máis do que pensabamos.
Nunca debemos xulgar un libro pola súa portada!
Nunca debemos xulgar un libro pola súa portada!
31 ene 2017
LA FUENTE DE LAS VESTALES
O noso novo libro titúlase:
"La fuente de las vestales" da colección Titus Flaminius
Trata dun avogado, Titvus, ao que lle asasinan a nai. El investiga quen a matou e aliase con Floro. Ao mesmo tempo, investiga o roubo dunha perla. Entre todo, unhas mulleres chamadas vestales, métense no medio de toda a nosa trama. Como seguimos coa lectura, non sabemos o final. Se queredes descubrilo, invitámosvos a que o leades.
10 ene 2017
XA NON ESTOU AQUÍ
Aproveitando as vacacións de nadal, decidimos ler completa a nosa primeira escolla neste segundo trimestre:
Polo que pareceu acertamos na escolla, porque en xeral resultou unha lectura moi doada e agradable tanto polo seu enfoque como pola súa construción, dando voz ás personaxes dun xeito moi caleidoscópico, con personaxes ben deseñadas e cun ritmo que nos enganchou desde o principio.
Unha escolla moi recomendable!
"XA NON ESTOU AQUÍ"
de
Iria Misa
Unha escolla moi recomendable!
29 nov 2016
VISITA A EXPOSICIÓN "O ROSTRO DAS LETRAS"
Fomos á exposición "O rostro das letras" no Museo Provincial de Pontevedra. Alí nos explicaron a historia da fotografía e vimos moitas das fotografías de persoas relacionadas coas letras: Valle-Inclán, Pérez Galdós, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro... Moi interesante e moi divertido! Cadaquén tivo ocasión de escoller a súa personaxe ou fotografía preferida. Queredes velas? Premede na presentación!
8 nov 2016
OS NOSOS MEDOS
Avanzamos na lectura do noso libro "Un monstro vén a verme" e falamos dos medos, dos que aparecen no libro e tamén dos nosos. E fixemos este poster dixital:
E ti, a que lle tes medo?
26 oct 2016
UN MONSTRO VÉN A VERME
Para @s que comezan o Club este ano, temos unha lectura de moita actualidade:

18 oct 2016
PRIMEIRA LECTURA "A granxa dos animais"
Esta foi a lectura que escollemos para comezar a nosa andaina lectora deste ano:
" A granxa dos animais" de George Orwell.
Conecta coa derradeira lectura do curso pasado por algunhas razóns, entre outras estar protagonizado por animais... polo de agora as primeiras impresións foron boas, xa veremos cales son as nosas conclusións na próxima reunión.
Como guía de lectura fixemos unha presentación das personaxes, a ver que vos parece:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)