21 nov 2013

COMENTARIOS DA NOSA LECTURA


"Paréceme un libro moi interesante. Encántame que Calpurnia loite polos seus dereitos, e que intente cambiar o mundo, xa que ela non está dacordo con que as rapazas deban quedar na casa aprendendo a cociñar e a coser e non podan estudiar. Creo que está moi ben redactado e da a entender perfectamente cal era a situación naquela época". Nerea.L

"Moi bó libro e bastante curioso, espero que Calpurnia consiga ser o que quere e non o que esperan dela, ela móstranos que sempre debemos loitar pola nosa liberdade".
Silvana

"Parecenos moi interesante e divertida, encántanos como Calpurnia descubre o mundo que a rodea!"
Inés/Elena

"O libro é moi bó.  Fala sobre unha nena e o seu interese pola natureza. Cando rematas un capítulo danche ganas de ler o seguinte e asi sucesivamente. É moi divertido. Gustounos moito e pareceunos moi interesante".
Nerea, Marta G. e Iria.

"O libro é moi interesante,e aparte sirve para aprender como era a vida antes". 
Brais 

"O libro parécenos ata agora moi interesante, sobre todo os descubrimentos de Calpurnia , a súa intelixencia e a súa forma de razoar". 
Marta L., Noelia e Alba.
"A verdade e que este non é a clase de libro que acostumo ler pero está resultando ser un moi bo, interesante e divertido libro"
Rubén.








7 nov 2013

XOGA CON DARWIN

E se queres aprender algo máis da selección natural ou da evolución das especies ao tempo que practIcas inglés, proba con este divertido xogo sobre Charles Darwin premendo na imaxe

O ASOMBRO DE MR. DARWIN


E se queredes seguir ao mozo Darwin na súa viaxe polo mundo, só tedes que clicar na imaxe. 
O asombro de Mr. Darwin é unha páxina realizada polos Museos Científicos Coruñeses

MR. DARWIN


Como agora sabemos cada un dos capítulos do libro que estamos lendo: A evolución de Calpurnia Tate comeza cunha cita dun libro moi importante para a ciencia: 
"A evolución das especies" de Charles Darwin. Se queredes saber algo máis do Sr. Darwin podedes ver esta estupenda presentación realizada por Daniel Soutullo para a Casa das Ciencias de Coruña, seguro que vos sorprende!

A EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE


Un ano máis temos en marcha o noso Club de Lectura!!

Moitas novas incorporacións e despois dun certo debate para escoller a nosa primeira lectura, xa estamos metid@s nela de cheo. A escolla para este primeiro trimestre foi 
de Jacqueline Kelly editado na Factoria K de Libros de Kalandraka.
Se premes aquí poderás ler as primeiras páxinas do libro, seguro que Calpurnia convertirase nunha das túas personaxes preferidas.
Tamén podes visitar a web da autora, Jacqueline Kelly ou ler unha entrevista con ela para saber e desta súa primeira e exitosa obra onde consegue unha boa mestura entre ciencia e ficción

28 jun 2013

20 jun 2013

EXCURSIONEANDO CO CLUB DE LECTURA

E como remate das actividades do Club de Lectura un dos grupos do club fixo unha visita moi proveitosa a Santiago de Compostela: visitamos a universidade, a sede da Biblioteca Universitaria e logo fomos á Libraria Couceiro para escoller lecturas para o próximo ano. Ademais alí nos contaron como se facían os libros e cómo se fan agora. 
Malia a choiva, unha visita moi proveitosa que rematamos visitando na Alameda á escultura a D. Ramón Mª del Valle-Inclán!
Ata o próximo curso!

4 jun 2013

SIGUE LENDO

Dende as mexicanas Librerías Gandhi chéganos un estupendo consello... sigue lendo...

30 may 2013

VIDEO-PRESENTACIÓN SOBRE "O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE"

Alguhas das e dos compoñentes do club de lectura estrearonse como creador@s de video!
E fixeron este estupendo vídeo de presentación do libro que lemos "O curioso incidente do can a medianoite". Moitos parabéns a Inés por este traballo feito por ela coa colaboración de Rubén, Elena, Silvana, Brais e Nerea.
A que dan ganas de ler o libro?

OUTROS FINAIS PARA UN LIBRO...

Nesta derradeira sesión sobre 
"O curioso incidente do can a medianoite"  de Mark Haddon, fixemos finais alternativos... cal vos gusta máis?