7 jun 2011

NOVA LECTURA NO CLUB

As chicas do club de lectura escollendo un novo libro. 
Por cal se decidirían?

23 may 2011

LECTURA TEATRAL

Como andabamos a voltas co teatro este foi o libro que escollemos, moi distinto ao anterior. Se queredes mais información sobre el, premede na imaxe.

Agardamos a opinión das lectoras do club!

14 feb 2011

¡Lemos teatro!

Como neste trimestre a cousa vai de teatro na nosa Biblioteca, no club de lectura tamén decidimos sumarnos e ler un texto teatral moi divertido "Comedia bífida" de Manuel Núñez Singala. Ademais será Armando Requeixo quen coordenará as sesións... seguro que ademais de pasalo ben co texto imos aprender moito!

23 ene 2011

COMENTARIOS DAS LECTURAS

Rematadas as lecturas do primeiro trimestre, parte das compoñentes do noso Club de lectura preparan as súas opinións sobre o que leron.



E xa escollemos a seguinte lectura!!

Unha pista: unha comedia moooi divertida!

10 nov 2010

AS NOSAS LECTURAS





Como estamos no mes do medo, no club de lectura escollemos estes libros. Preme neles se queres mais información!!

25 jun 2010

FELICES VACACIÓNS!

Foi un placer ler con vós!
MOITOS BICOS E ATA PRONTO

REMATAMOS

Rematamos o libro Peaxes de Santiago Lopo

ENCANTOUNOS!
Chegamos a pensar que o autor era realmente un traballador dunha peaxe de autoestrada. Gustounos de principio a fin. Un libro moi recomendable!!!!!

A NOSA EXCURSIÓN

SAÍDA DIDÁCTICA AO VERBUM from Turo on Vimeo.

QUE BEN O PASAMOS!!!!!!

14 jun 2010

MAÑAN VAMOS DE EXCURSIÓN

Mañan vamos de excursión e pasaremos pola peaxe.Haberá unha persoa que analice os conductores como o do libro?
Este libro é diferente de todos os que limos ata agora.Ademais de ser orixinal é moi divertido e gustanos moito.