11 ene 2018

"Nemo, o rapaz sen nome"

NEMO, O RAPAZ SEN NOME

de Davide Morosinotto

Este libro ten como protagonista a Nemo, o famoso protagonista dos libros de Xulio Verne que se convirtiría en capitán. Neste libro de aventuras fabúlase sobre a súa xuventude, as suas misteriosas orixes e as alianzas que fai para fuxir dos seus enemigos.  
Doado de ler,  pero as opinións esta vez estiveron divididas, a algunhas lectoras e a outros lectores pareceulles moi entretido! 

UN LIBRO CONTRA O BULLYING

LA LECCIÓN DE AUGUST

R.J. Palacios

"Non basta con ser amigable, tes que ser un amigo"

 Este libro trata dun neno que ten unha  deformidade na cara, o que o fai diferente. É o primeiro ano que vai ao o colexio e ten medo de todo o que lle poida pasar. Este mundo é novo para el e vaino descubrindo a medida que pasa a historia. Ten moitos problemas, pero coa axuda de Summer todo se vai solucionando.

 O libro vaise contando desde varias pesperctivas o que fai que sexa moi entretido. Recomendámosllo á xente a quen lle gusten os libros realistas e optimistas.



19 oct 2017

COMEZAMOS CO CLUB!

Xa comezamos cos reunións do Club de Lectura e aquí está a proba: somos un montón! Así que escollemos dúas lecturas distintas.. pero a merenda farémola todos xuntos! 

3 oct 2017

POÑÉMONOS EN MARCHA!

Un ano máis comezamos as nosas actividades lectoras e este ano comezamos forte! Fixemos a presentación do club ao alumnado de 1º da ESO e imos ter que ampliar os grupos! Se queres participar e aínda non te anotaches, bule!



Se queres saber en que consiste un Club de Lectura ou como funciona, elaboramos este tríptico para ti. 



Se despois de lelo tes algunha dúbida... pregúntanos!

7 jul 2017

VIDEO RESUMO 2017

Aquí temos o video resumo deste curso que pasou. 
Que ben o pasamos!!!
Rematamos o curso dicindo: 
LER MOLA!!!

3 jul 2017

FOTOS XORNADAS


Aquí tedes un resumo fotográfico da nosa participación nas Xornadas dos Clubs de lectura.
Podedes acceder a outras galerías de imaxes premendo aquí

xornadasclublectura

XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA: QUE FANTÁSTICA EXPERIENCIA!


Este final de curso foi moi especial para os Clubs de Lectura, especialmente para o noso. 
Tivemos a oportunidade de pasar un día xuntos en Santiago nunha fantástica xornada onde participamos máis de 1.200 persoas e onde poidemos intercambiar libros, ir a obradoiros de poesía, teatro, radio, manga, grafitti, ou aprender a contar unha historia de medo ou coñecer as autoras e autores máis importantes que lemos nos nosos clubes. 
Coñecimos a un montón de rapaces e rapazas doutros clubs de toda Galicia cos que puidemos falar dos nosos gustos e mesmo facerlles recomendacións das nosas lecturas! 



Pero o máis especial para nós foi participar no obradoiro "Como facer un programa de libros en tv dixital" con Óscar López, director e presentador do programa de televisión "Página 2" de TVE. Fomos seleccionados canda outros catro centros de Galicia para traballar neste obradoiro así que semanas antes estivemos ordeando ideas no noso club e María foi quen nos representou diante das 1200 persoas que ateigaban o auditorio: o club de lectura do CPI Progreso de Catoira estivo magnificamente representado!.
Podedes ver esta reportaxe da TVG sobre esta xornada onde tamén participa María, a nosa representante
Moitas grazas por organizar esta fantástica xornada, para nós foi inesquecible!

RAPEANDO...

Temos unha sorpresa! 

Cando rematamos de ler este libro, decidimos poñer a proba as nosas habilidades musicais e os vosos ouvidos!
E fixemos unha versión do rap que introduce o texto e que conta un pouco a historia que lemos, que como sabedes é unha versión do "Soño dunha noite de verán" de W. Shakespeare


Así que se queredes gozar dunha experiencia fantabulosa, só tedes que premer na capa do libro e escoitaredes o rap que faría que Shakespeare resucitara!



Agardamos os vosos comentarios 😍

16 may 2017

"LOS SURCOS DEL AZAR"



E para rematar as lecturas deste curso, decidimos ler banda deseñada de altísima calidade.


"Los surcos del azar"
de Paco Roca

Magníficas ilustracións e guión que nos traen do pasado a inxustamente esquecida historia dos da "9". Coñecédela? Se non vos soa, este cómic é unha ocasión estupenda para coñecer a historia desta compañía que coa bandeira republicana axudou a liberar Paris das tropas nazis. 
Podes tamén ver este documental sobre "la Nueve" e se premes na imaxe da capa do libro, podes ver algunhas imaxes do libro e coñecer máis o traballo de Paco Roca
E o título do libro? Sabes a que escritor fai referencia?

9 may 2017

"RUÍDO NUNHA NOITE DE VERÁN": TEATRO PARA REMATAR O CURSO

Xa temos escollida a última lectura do curso!
E desta volta a escolla ten unha novidade: é teatro!!

O título é "Ruído nunha noite de verán" e é unha adaptación feita por MarÍ Inés Falconi do clásico de Shakespeare ""Soño dunha noite de verán".

Polo que lemos ata o de agora, é moi divertida e imos ter ocasión de poñernos na pel dos personaxes... seguro que hai algunha sorpresa!