Como agora sabemos cada un dos capítulos do libro que estamos lendo: A evolución de Calpurnia Tate comeza cunha cita dun libro moi importante para a ciencia:
"A evolución das especies" de Charles Darwin. Se queredes saber algo máis do Sr. Darwin podedes ver esta estupenda presentación realizada por Daniel Soutullo para a Casa das Ciencias de Coruña, seguro que vos sorprende!
Un ano máis temos en marcha o noso Club de Lectura!!
Moitas novas incorporacións e despois dun certo debate para escoller a nosa primeira lectura, xa estamos metid@s nela de cheo. A escolla para este primeiro trimestre foi
de Jacqueline Kelly editado na Factoria K de Libros de Kalandraka.
Se premes aquí poderás ler as primeiras páxinas do libro, seguro que Calpurnia convertirase nunha das túas personaxes preferidas.
Tamén podes visitar a web da autora, Jacqueline Kelly ou ler unha entrevista con ela para saber e desta súa primeira e exitosa obra onde consegue unha boa mestura entre ciencia e ficción
E como remate das actividades do Club de Lectura un dos grupos do club fixo unha visita moi proveitosa a Santiago de Compostela: visitamos a universidade, a sede da Biblioteca Universitaria e logo fomos á Libraria Couceiro para escoller lecturas para o próximo ano. Ademais alí nos contaron como se facían os libros e cómo se fan agora.
Malia a choiva, unha visita moi proveitosa que rematamos visitando na Alameda á escultura a D. Ramón Mª del Valle-Inclán!
Alguhas das e dos compoñentes do club de lectura estrearonse como creador@s de video!
E fixeron este estupendo vídeo de presentación do libro que lemos "O curioso incidente do can a medianoite". Moitos parabéns a Inés por este traballo feito por ela coa colaboración de Rubén, Elena, Silvana, Brais e Nerea.
Este libro de Kressmann Taylor reflicte a situación que se viviu durante o período anterior á Segunda Guerra Mundial.
A obra está escrita en forma de cartas entre os dous personaxes protagonistas: Max e Martin, dous socios que verán como a súa relación se ve afectada pola situación política e a ideoloxía da Alemania nazi.
O pasado mes de abril, o Club de Lectura mantivo un encontro virtual con Fernando M. Cimadevila, autor da saga "O mundo secreto de Basilius Hoffman" do que limos o primeiro libro "O ladrón de soños".
Foi unha experiencia estupenda na que tivemos a oportunidade de preguntarlle moitas cousas sobre o libro e sobre o seu traballo como escritor e ademais tivemos a primicia de coñecer a un dos protagonistas. Jim-Jim! Ademais deste video tamén podedes ler a entrevista no blog de Silvana:
Moitas grazas a Fernando pola súa xenerosidade e se aínda non o fixestes, non deixedes de ler as aventuras do Profesor Basilius Hoffman!