26 oct 2012

O CLUB DE LECTURA EN MARCHA!

Un ano máis comezamos co club de lectura. Desta volta o primeiro en comezar é o grupo de 4º de ESO que ademais xa escolleron lectura. Un clásico de Agatha Christie que comezaremos a comentar o próximo luns"O asasinato de Roger Ackroyd". 
Xa vos iremos contando as nosas impresións!

9 jul 2012

LIBROS PREFERIDOS NO CLUB DE LECTURA

Despedimos este curso desde o Club de Lectura de 3º de ESO facendo algo de memoria e escollendo as lecturas que máis nos gustaron.
Con sol ou con nubes...
 BOAS LECTURAS ESTE VERÁN
LÉMONOS O PRÓXIMO CURSO!

18 jun 2012

CRÓNICA DAS V XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA

O sábado 9 compartimos unha fantástica Xornada os Clubs de Lectura dos centros de ensino de Galicia. 
Nesta ocasión foi moi especial porque por primeira vez participou o alumnado que compón os Clubs e os adultos (nais e pais) que forman os seus Clubs de Lectura nos centros. 
E as expectativas non nos defraudaron: conferencias para todos pero tamén obradoiros para o alumnado, intercambio de libros, as persoas-libro regalando poemas, sesións de intercambio de experiencias... e unha magnífica clausura a cargo de Carlos Negro.
Ademais da nosa pequena crónica podedes ver aquí máis fotos e un artigo de Carlos Negro onde relata a súa visión destas Xornadas: "O país dos papalibros: sobre os V Encontros dos Clubs de Lectura"
E rematamos con este video que serviu de presentación nas Xornadas, onde diversos compoñentes dos Clubs de Lectura contan que é o que significa para el@s estar nun Club de Lectura.
Grazas a participantes e organización! 
O ano que vén, máis :)

3 jun 2012

V XORNADAS CLUBS DE LECTURA



Como en anos anteriores, os Clubs de Lectura dos centros de ensino de Galicia temos a oportunidade de vernos as caras nunha Xornada organizada pola D.X. de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares. 

Nesta ocasión a organización agasallounos cunha gran novidade: a posibilidade de participación do alumnado integrante do Club de Lectura e tamén dos adultos que participaran nalgún dos clubs en funcionamento.

E non desaproveitamos esta oportunidade! Ademais da coordinadora asistirán cinco alumnas do noso centro e o Sábado 9 en Santiago de Compostela poderán compartir experiencias con alumnado de toda Galicia e partcipar nas sesións especificas para el@s ademais dos obradoiros e as actividades comúns.

Unha actividade fantástica á  que seguro que lle tiramos moito proveito!


Preme na imaxe e terás a información completa 

16 abr 2012

Tardes con Margueritte



Este libro pareceume pouco entretido ao principio pero a medida que a historia se desenvolvía cada vez era máis e máis interesante, sobre todo cara ó final. Aínda que a historia era algo monótona pois a relación entre os dous personaxes non varíaba e era diferente.
Daríalle un 6'5.
Belén e Yaiza.

12 ene 2012

Libro e película

O señor Ibrahim e as flores do Corán en sí pareceume bastante interesante e curioso, a cada páxina que lía tiña ganas de ler máis e máis para saber que sería o seguinte que se ocorrería a Momo.
Pero aínda que este libro me gustara, pareceume mellor a película, xa que foi máis entretida e iso que o libro non se quedou nada corto neste aspecto. 

Sen dúbida recomendaríaollo a todo o mundo, e de todas as idades.
Belén

2 dic 2011

Un gran libro

Este é o novo libro do club de lectura.Un libro que sen dubida algunha engancharavos.
Desde a primeira frase hasta a última é unha fonte continua de conocemento e diversión. Garantizovos que vos encantara.
 Un saudo . Rocío

18 nov 2011

Queridos lectores:
Quérovos presentar o novo libro que imos ler os máis pequenos do club de lectura. Como sae arriba, o libro chámase "Malditas Matemáticas" e esperamos que nos guste moito.Bueno, despidome un saúdo .
Ana Touriño Grela

16 nov 2011

CLUB DE LECTURA EN MARCHA!



Un ano máis o noso Club de Lectura púxose en marcha! 
E con tantas e tan boas lectoras fixemos dous grupos de lectura! Xa nos presentamos e decidimos as primeiras lecturas... 
Vémonos os luns despois de comer!