CLUB DE LECTURA
Club de Lectura do CPI Progreso de Catoira
28 jun 2018
21 jun 2018
REMATE DO CURSO
O MES DA BANDA DESEÑADA
Este mes dedicámonos a ler banda deseñada: todos os estilos, autores moi distintos, historias diferentes.... e xuntámonos para falar dos nosos preferidos...
11 may 2018
"TAM", O PRIMEIRO MANGA GALEGO
Este mes vai ir dedicado á banda deseñada e comezamos cun libro feito por unha artista pontevedresa: Anémona de Río.
Ela foi alumna do "Garaxe hermético", escola de banda deseñada pontevedresa da que están saíndo grandes artistas.
"TAM" é a súa primeira obra e tamén o primeiro manga en galego e gustounos moito no Club de lectura, así que recoméndávosmos que non o perdades!!
19 abr 2018
VISITA AO SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA
Visitamos o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e tivemos unha xornada de intercambio e obradoiros con outros Clubs de Lectura. Ademais coñecemos a algunhas das nosas autoras e autores favoritos. Ledicia Costas, Tamara Andrés, Fran Alonso, María Reimóndez... unha xornada moi bonita!!
5 abr 2018
Jules verne e a vida secreta das mulleres planta
A nova escolla de lectura ten de todo: aventuras, ciencia, misterio, amor, fantasía...
Unha deliciosa historia da man de Ledicia Costas, que máis podemos pedir?
E se queredes saber algo máis de flores, plantas e árbores podedes premer aquí e aquí, cal sería a vosa nepheas?
Podes coñecer máis plantas nesta guía
Unha deliciosa historia da man de Ledicia Costas, que máis podemos pedir?
E se queredes saber algo máis de flores, plantas e árbores podedes premer aquí e aquí, cal sería a vosa nepheas?
Podes coñecer máis plantas nesta guía
8 feb 2018
A VOLTAS CUN ASASINATO
Pois o misterio xa está desvelado!!
É unha obra da "Raíña do crime":
a gran Agatha Christie.
A nosa escolla é un dos seus clásicos:
"O asasinato de Roger Ackroyd"
Se queredes saber algo máis dela e da súa obra podedes premer aquí.
COMEZAMOS O ANO CUNHA DE MISTERIO...
Comezamos este ano escollendo lectura e desta volta non tiñamos os datos nos que sempre nos fixamos: o título, a capa, a autora ou autor, un pequeno resumo.... só tiñamos o texto e así podemos dicir que escollemos a cegas pero sabendo o que queriamos ler sen que as cores brilantes ou os nomes de sona nos cegasen na escolla:´
É moi interesante pensar nos elementos que nos fan escoller as lecturas e desta volta aínda tive,os que agardar para saber cal será o libro escollido... MISTERIO!
11 ene 2018
"Nemo, o rapaz sen nome"
NEMO, O RAPAZ SEN NOME
de Davide Morosinotto
Este libro ten como protagonista a Nemo, o famoso protagonista dos libros de Xulio Verne que se convirtiría en capitán. Neste libro de aventuras fabúlase sobre a súa xuventude, as suas misteriosas orixes e as alianzas que fai para fuxir dos seus enemigos.
Doado de ler, pero as opinións esta vez estiveron divididas, a algunhas lectoras e a outros lectores pareceulles moi entretido!
UN LIBRO CONTRA O BULLYING
LA LECCIÓN DE AUGUST
R.J. Palacios
"Non basta con ser amigable, tes que ser un amigo"Este libro trata dun neno que ten unha deformidade na cara, o que o fai diferente. É o primeiro ano que vai ao o colexio e ten medo de todo o que lle poida pasar. Este mundo é novo para el e vaino descubrindo a medida que pasa a historia. Ten moitos problemas, pero coa axuda de Summer todo se vai solucionando.
O libro vaise contando desde varias pesperctivas o que fai que sexa moi entretido. Recomendámosllo á xente a quen lle gusten os libros realistas e optimistas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)